InicioOrientalRibadeoA II Edición do Ribadeo Ilustrado celebrarase entre o 10 e o...

A II Edición do Ribadeo Ilustrado celebrarase entre o 10 e o 12 de xuño con teatro, música e actividades para os máis pequenos

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, lembrou que “levamos tempo traballando nesta marca na que xa se inclúen outros proxectos como os micro vídeos teatralizados, rutas 360, rutas guiadas, visitas teatralizadas, etc”.

Publicada o

- Advertisement -

A localidade Ribadeo presentou a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que se desenvolverá do 10 ao 12 de xuño e que estará centrada na figura de Antonio Raimundo Ibáñez. A programación inclúe un ciclo de conferencias, representacións teatrais, demostracións de oficios tradicionais, actuacións musicais e actividades para os máis pequenos. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, e tamén a técnica de Turismo, Begoña García.

Vizoso Galdo explicou que “vimos de presentar a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que terá lugar os día 10, 11 e 12 de xuño. Trátase dun proxecto pensado para dar a coñecer ao conxunto da cidadanía ribadense e aos visitantes a importancia dunha época histórica na que tiveron lugar unha serie de acontecementos ao longo dos séculos XVIII e XIX que mudaron o ritmo económico da vila e cambiaron a súa fisionomía urbana, e tamén a nosa sociedade”.

O concelleiro de Turismo lembrou que “levamos tempo traballando nesta marca na que xa se inclúen outros proxectos como os micro vídeos teatralizados, rutas 360, rutas guiadas, visitas teatralizadas, etc”.

E subliñou que “o que pretendemos con esta iniciativa é amosar que Ribadeo era e é terra de mariños, pero tamén de mariñeiros, de xentes do mar, e que conta con moitas particularidades que o fan totalmente diferente. Explícase o que se comercializaba na época, qué embarcacións se empregaban e o modo de vida en terra dos mariñeiros e comerciantes, o seu pasado, a súa linguaxe, etc”.

Pablo Vizoso contou que “nesta segunda edición, a figura de Antonio Raimundo Ibáñez, personaxe fundamental neste período histórico, será o protagonista indiscutible. Coñeceremos máis da súa vida persoal e profesional, da sociedade na que viviu, da contorna na que medrou, do seu legado, etc. Forman parte do programa de actividades un ciclo de conferencias coa participación de Pegerto Saavedra, especialista na figura de Ibáñez, Francisco Fra,carpinteiro de ribeira e Iker Nogales Astudillo, director do Museo Casa Natal Marqués de Sargadelos, haberá representacións teatrais a cargo de Suso Martínez e Os Quinquilláns, e demostración de oficios tradicionais relacionados coas xentes do mar en diferentes ubicacións do casco histórico de Ribadeo ademais de actividades para os máis pequenos e actuacións musicais pola rúa”.

O concelleiro de Turismo anima a participar na segunda edición do Ribadeo Ilustrado: “polo tanto animo a ribadenses e quen nos visite a reservar estas datas para disfrutar desta nova edición do Ribadeo Ilustrado introducíndonos dunha maneira moi amena nunha das épocas históricas de maior relevancia da nosa vila”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...